Estocolmo: aterraxe en vertical, xente guapa, civilización, o concello, o bar de ambiente onde éramos liliputienses, Seven Eleven, o Vasa, o casco antigo.
Illas Aland: unha das imaxes máis bonitas que teño visto dende un avión.
Finlandia: gaivotas, gótico-frikis, a illa de Suomenlinna, queimados polo sol, racións enormes, policías motorizados.
Estonia: desorientación, choiva, turistas patrios salvaxes, museo da tortura, o peor hostal das nosas vidas (case).
Letonia: curiosamente bonito, o museo da ocupación, rusos, á caza de zapatos, osiños Barni.
Lituania: backwards, boa comida barata, auga mineral salgada, tranquila pero con encanto.
Advertisement
Etiquetas: viajes





